O PP rexeita no Senado o traspaso á Xunta da autoestrada Santiago-Ourense, como pediu Feijóo, e garantir que o AVE galego teña vía dupla. Recólleo La Voz.
Fálase
O Concello de Chandrexa de Queixa licita as obras para rematar o asilo ilegal ligado ao PP ourensán. Cóntao El País.
Mallando no Android informa de que dende esta tarde Gmail está dispoñible en galego. Coa chegada do galego, o servizo de correo electrónico de Google chega ás 71 linguas nas que pode ser empregado.
O Supremo anula as subvencións da Xunta aos colexios que segregan por sexo a instancias do recurso da CIG Ensino. Máis información, hoxe en Praza.
Rafael Ribó, Síndic de Greuges (equivalente ao Valedor do Pobo), renuncia á súa condición de aforado. Comunica que non usará o trato xurídico específico para ser "consecuente"
Os candidatos a liderar o PSOE debaten a esta hora na sede do partido. Pódese seguir ao vivo en streaming na web dos socialistas
Rajoy presume de política social e nega os seus recortes na clausura do Campus FAES. Recólleo El Diario.
Galicia lidera a caída dos prezos de naves industriais e locais comerciais. Cóntao Faro de Vigo.
José Luis Baltar declara este luns como imputado na operación Pokémon.
Os voos internacionais do Porto triplican os que ofrecen os aeroportos galegos. Sinálao unha reportaxe de La Voz.