Mallando no Android informa de que dende esta tarde Gmail está dispoñible en galego. Coa chegada do galego, o servizo de correo electrónico de Google chega ás 71 linguas nas que pode ser empregado.

Mallando no Android informa de que dende esta tarde Gmail está dispoñible en galego. Coa chegada do galego, o servizo de correo electrónico de Google chega ás 71 linguas nas que pode ser empregado.
O Supremo anula as subvencións da Xunta aos colexios que segregan por sexo a instancias do recurso da CIG Ensino. Máis información, hoxe en Praza.
Rafael Ribó, Síndic de Greuges (equivalente ao Valedor do Pobo), renuncia á súa condición de aforado. Comunica que non usará o trato xurídico específico para ser "consecuente"
Os candidatos a liderar o PSOE debaten a esta hora na sede do partido. Pódese seguir ao vivo en streaming na web dos socialistas
Rajoy presume de política social e nega os seus recortes na clausura do Campus FAES. Recólleo El Diario.
Galicia lidera a caída dos prezos de naves industriais e locais comerciais. Cóntao Faro de Vigo.
José Luis Baltar declara este luns como imputado na operación Pokémon.
Os voos internacionais do Porto triplican os que ofrecen os aeroportos galegos. Sinálao unha reportaxe de La Voz.
Un depósito de gasóleo da Escola Náutico Pesqueira provoca unha vertedura na ría de Ferrol. Tamén a praia de Cedeira amenceu cunha nova vertedura da depuradora por mor dunha avaría
Público entrevista Tamara Vidal, a pontevedresa que xunto á súa compañeira de traballo Ana Outeruelo, evitou este sábado o seu ingreso na cadea, tras a sentenza que en maio as condenara a tres anos de prisión por participar nun piquete informativo. "A metade dos españois non sabe que por estar nuhna protesta podes acabar no cárcere", destaca.