José Luis Baltar declara este luns como imputado na operación Pokémon.
Fálase
Os voos internacionais do Porto triplican os que ofrecen os aeroportos galegos. Sinálao unha reportaxe de La Voz.
Un depósito de gasóleo da Escola Náutico Pesqueira provoca unha vertedura na ría de Ferrol. Tamén a praia de Cedeira amenceu cunha nova vertedura da depuradora por mor dunha avaría
Público entrevista Tamara Vidal, a pontevedresa que xunto á súa compañeira de traballo Ana Outeruelo, evitou este sábado o seu ingreso na cadea, tras a sentenza que en maio as condenara a tres anos de prisión por participar nun piquete informativo. "A metade dos españois non sabe que por estar nuhna protesta podes acabar no cárcere", destaca.
Os galegos desviaron a paraísos fiscais 170 millóns de euros dende o inicio da crise, unha cantidade que multiplica por oito a desviada no quinquenio anterior (2002-2007)
A Fundación Príncipe de Asturias acepta a candidatura dos veciños e veciñas de Angrois, presentada pola Federación de Asociaciones de Amigos del Camino de Santiago
O Concello de Lugo continúa co proceso sancionador a Urbaser iniciado hai unhas semanas, e que pode acabar coa rescición do contrato da empresa. Porén, este proceso podería aínda tardar uns dous meses, sinala El Progreso.
50 representantes das plataformas comarcais de emigrantes retornados reuníronse este sábado en Compostela para definir a súa actividade para os vindeiros meses, nos que anuncian un endurecemento das súas accións contra as sancións impostas por Facenda
O presidente da empresa de redes wifi Gowex dimite tras admitir a "falsidade" das contas da compañía, o que levou o Consello de Administración da sociedade a solicitar o concurso voluntario de acreedores.
A prensa impresa publica este domingo varias enquisas sobre a intención de voto nas eleccións primaria do PSOE. El Mundo sitúa por diante a Pedro Sánchez (30,8%) sobre Eduardo Madina (27%) e Pérez Tapias (8,3%). Pola contra, na de El País Madina (40%) supera por pouco a Sánchez (37%), cun 18% para Pérez Tapias. O mesmo que na que publica La Razón: 34% para Madina fronte a 21,5% para Sánchez e 8,3% para Pérez Tapias.