Dous detidos nas protestas pola toma de posesión de Agustín Hernández como novo alcalde de Santiago de Compostela. Renato Núñez (CIG) e Manuel Dacal (Fruga) saltaron o cordón policial no momento en que Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta, chegou á praza do Obradoiro. O BNG decidiu abandonar o pleno.
