O Concello da Coruña admite que non haberá touradas nas festas de María Pita tras quedar deserto o concurso para organizalas pero teima en convocar un novo e en destinar 40.000 euros para acondicionar o recinto. Cóntao Radio Coruña.

A Coordinadora Valenciana de ONGD conseguiu recadar a través do crowdfunding o 90% dos 9.000 euros que necesita para facer fronte aos custes xudiciais da acusación popular no Caso Blasco, que investiga o desvío de entre 6 e 9 millóns de euros en subvencións de cooperación ao desenvolvemento
A Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto lembra a súa convocatoria de concentracións para rexeitar a contrarreforma do aborto ante a posibilidade de que se aprobe no Consello de Ministros deste venres.
Hernández presenta a distribución de áreas do Concello de Santiago. Os edís non electos ocupan as principais concellarías, mentres que Ángel Currás queda como edil de Relacións Institucionais e "ademais traballará na correcta transición".
Podemos demanda a Esperanza Aguirre e o xornalista Eduardo Inda por vincular a formación con ETA. Recólleo El Diario
Anova cre "inaceptable" que o Día das Letras se lle dedique a Filgueira Valverde pola súa "militancia" e "relación estreita co réxime xurdido dun golpe de Estado fascista". A formación cre que na decisión "pesa de máis o interese da brigada de demolición e limpeza étnica e cultural" e que no ano electoral de 2015 a Feijóo "conviralle a celebración dunha figura que lle permita escribir o relato dun galeguismo submiso, reaccionario e connivente co fascismo". Comunicado íntegro na súa web.
A UE avala que España multe emigrantes por non tributar pola pensión do estranxeiro. Bruxelas non o ve discriminatorio e afirma que se pode tributar polo mesmo en dous países
Feijóo reclama "espírito reformista" fronte ao "rupturismo" e o "radicalismo" e pon Galicia como exemplo fronte ás "nacionalidades históricas" que optan pola "sublevación permanente".