Pedro Sánchez será o novo secretario xeral do PSOE ao obter o 49% dos votos con máis do 85% escrutado. En Galicia Sánchez foi tamén o máis votado, co 48,33% fronte ao 39,31% de Eduardo Madina e o 12,36% de José Antonio Pérez Tapias. A participación no PSdeG chegou ao 69,57%.