Un avión de Malaysian Airlines con 295 persoas a bordo esnáfrase no leste de Ucraína sen que polo momento sen coñezan as causas. Recólleo Público.es
Fálase
O PP madrileño agradece os "centos" de correos recibidos "con ligazóns a documentos e vídeos" de Pablo Iglesias e comeza a difundir discursos do líder de Podemos.
Alberto Ramos gaña o premio García Barros coa súa cuarta novela, Máscaras rotas para Sebastian Nell. Máis información, hoxe en Praza.
El Diario adianta o contido do borrador de ponencia política de Podemos, no que a formación sinala a urxencia de construír unha alternativa antes de que o PSOE se recompoña, pechando o espazo para o crecemento dunha "forza de ruptura democrática".
O PP de Madrid pide axuda nas redes sociais para "recompilar" declaracións de Pablo Iglesias, de Podemos, que denunciou a Esperanza Aguirre por vinculalo a ETA
Cesa o secretario xeral da Consellería do Medio Rural e do Mar, Alfonso García Magariños. Segundo Feijóo, faino por razóns persoais.
O primeiro himno do Barça foi escrito por un galego, José Antonio Lodeiro Piñeiros, segundo vén de descubrir unha investigación da peña culé de Mondoñedo e do cronista desta vila. O himno, cuxa partitura non se conserva, estivo vixente entre 1910 e 1923.
Os restos do guerrilleiro antifranquista Perfecto de Dios Fernández, irmán de Camilo de Dios, exhumados dunha fosa común en Ávila, regresarán a Ourense 64 anos despois do seu asasinato pola Garda Civil
O CSIC escolle Marín como base para un estudo europeo sobre descartes de pesca. Búscase demostrar que "existen alternativas viables para a xestión de especies mariñas actualmente non utilizadas"
O Goberno central estuda atrasar a contrarreforma do aborto ata o día 25 para non aprobala no Consello de Ministros que presidirá o rei. Cóntao El Diario