#consellodaxunta Feijóo di que os doutoramentos se centralizarán nunha única escola de cada universidade.
Fálase
#consellodaxunta Feijóo márcase o obxectivo de "derrogar 86 leis" esta lexislatura. Na pasada lexislatura gran parte da produción lexislativa centrouse en modificar normas anteriores
#consellodaxunta Feijóo asegura que as bolsas da Xunta para estudantes das universidades galegas soben un 70%
#consellodaxunta Feijóo subliña a declaración como festas de interese turístico da Feira Franca de Pontevedra, a Feira da Tortilla de Laro e a Festa da Pescada do Pincho de Viveiro
Deloitte e KPMG buscan probas de contabilidade B en Pescanova. Os novos responsables xudiciais están investigando unha presunta contabilidad oculta que podería derivar nun escándalo societario de graves consecuencias
Un estudo da Fundación Alternativas denuncia que a democracia en España deu "un gran salto cara atrás". O informe detalla as razóns da perda de lexitimidade da democracia en España e do rexeitamento á política tradicional e salieta que "atopamos unha sociedade máis dual e dividida, cun dos maiores índices de desigualdade de Europa"
Hervé Falciani desvela en El Diario.es como funciona a rede financeira de diñeiro negro. Marc Pérez, organizador da trama Gao Ping, Arturo Fasana, intermediario de Gürtel ou os Albertos, Enrique Lasarte, testaferro de Mario Conde ou a familia Abelló son algúns dos nomes que se repiten nas investigacións españolas.
Ao redor de 5.000 persoas percorreron hoxe as rúas de Vigo convocadas pola CIG en defensa do emprego na comarca. O secretario comarcal, Serafín Otero, reiterou a necesidade de convocar unha folga na comarca e un paro xeral en Galicia.
Compromiso por Galicia presentaralle este venres a AGE a súa proposta de reforma da Lei de Eleccións nunha xuntanza no Parlamento.
O Xulgado do Mercantil número 2 de Pontevedra declara a empresa Pórtico en concurso de acredores. A empresa declara unha débeda de máis de 43 millóns de euros e máis de 50 acredores. Actualmente, dálle emprego a 370 persoas.