Practicamente co 55% escrutado as forzas con representación en Galicia, segundo o Ministerio do Interior, serían o PP con 342.613 votos e 11 deputados, EnMarea, con 204.780 votos e 6 deputados e o PSOE con 195.444 votos e tamén 6 deputados. EnMarea, polo momento, arrebataríalle a segunda posición ao PSOE
Fálase
Comeza o escrutinio, de momento ao 12% en Galicia e ao 9% no conxunto do Estado. Podedes seguilo a través deste widget
A revista de análise Cambio16 pon en correlación a participación e o paro nesta infografía
Resultado da enquisa a pé de urna da CRTVG para Ourense en escanos: PP 2, EnMarea 1, PSOE 1
Resultado da enquisa a pé de urna da CRTVG para Lugo en escanos: PP 2, PSOE 1, EnMarea 1
Resultado da enquisa a pé de urna da CRTVG para Pontevedra en escanos: EnMarea 2/3, PP 2/3, PSOE 1, C´s 0/1
Resultado da enquisa a pé de urna da CRTVG para A Coruña en escanos: 3 PP, 2/3 EnMarea, 1/2 PSOE, 1 C´s
Na enquisa da CRTVG EnMarea quedaría por enriba dos socialistas e pasaría a ser segunda forza. Así, outorgan o 34,5% ao PP, 27,00% a EnMarea, 18,38% ao PSOE, 10,70% a Cidadáns e 5,30% Nós-Candidatura Galega
Na sondaxe difundida por Antena3 e LaSexta, os resultados son semellantes: PP 28,1% (121-124), PODEMOS 21,1% (70-74), PSOE 20,4% (79-83) e CIUDADANOS 14,9 (46-50). PP e Ciudadanos tampouco sumarían nesta enquisa unha maioría absoluta.