Resultado da enquisa a pé de urna da CRTVG para A Coruña en escanos: 3 PP, 2/3 EnMarea, 1/2 PSOE, 1 C´s
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/567702ce631f7-acoruna.jpg)
Resultado da enquisa a pé de urna da CRTVG para A Coruña en escanos: 3 PP, 2/3 EnMarea, 1/2 PSOE, 1 C´s
Na enquisa da CRTVG EnMarea quedaría por enriba dos socialistas e pasaría a ser segunda forza. Así, outorgan o 34,5% ao PP, 27,00% a EnMarea, 18,38% ao PSOE, 10,70% a Cidadáns e 5,30% Nós-Candidatura Galega
Na sondaxe difundida por Antena3 e LaSexta, os resultados son semellantes: PP 28,1% (121-124), PODEMOS 21,1% (70-74), PSOE 20,4% (79-83) e CIUDADANOS 14,9 (46-50). PP e Ciudadanos tampouco sumarían nesta enquisa unha maioría absoluta.
O PP gañaría as eleccións e Podemos sería a segunda forza en votos, segundo a enquisa de Antena 3. Os populares gañarían as eleccións con entre 121 e 124 deputados, seguido do PSOE, que alcanzaría entre os 79 e os 83 deputados. Podemos situaríase como a segunda forza política máis votada cunha marxe de 70 a 74 escanos e Ciudadanos quedaría na cuarta posición con entre 46 e 50.
A sondaxe a pé de urna de TVE e Forta outorga a vitoria ao PP co 26% dos votos e 114-118 escanos, cun forte descenso con respecto a 2011. Podemos (21% e 76-80 escanos) e PSOE (20% e 80-85 escanos) compiten polo segundo posto. Ciudadanos quedaría co 15,5% dos votos e 47-50 deputados
#20D A deputada Eva Solla (AGE) denuncia que varios colexios pecharon en Vigo por falta de sobres.
#20D As provincias da Coruña e Pontevedra son dos poucos territorios do Estado nos que subiu a participación ata as dúas da tarde. Neste mapa podes consultar todos datos
O Ministerio do Interior comeza a ofrecer en rolda de prensa os primeiros datos de participación, correspondentes ás 14.00. A esa hora votara en España o 36,94%, un punto menos que en 2011. En Galicia a participación é do 33,31% medio punto máis que hai catro anos. Toda a información, nuns minutos en Praza.
A Policía Local de Oroso impide que unha muller vote lucindo reivindicacións a prol das persoas enfermas de Hepatite ou con dependencia, entre outras. Finalmente, exerceu o seu dereito con esas reivindicacións cubertas (imaxe: @onosolar)
#20D Vence (BNG) reclama unha “votación masiva” que lle "permita a Galiza ter unha presenza forte nas cortes españolas”. O voceiro nacional do Bloque estivo acompañado polo cabeza de lista de NÓS pola Coruña, Carlos Callón. "Espero que todos os galegos e galegas voten pensando en transformar as cousas e pensando en Galiza, como pensa tamén o BNG que forma parte da coalición NÓS-Candidatura Galega”, dixo.