A Policía Local de Oroso impide que unha muller vote lucindo reivindicacións a prol das persoas enfermas de Hepatite ou con dependencia, entre outras. Finalmente, exerceu o seu dereito con esas reivindicacións cubertas (imaxe: @onosolar)
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/56769e0a08263-cwquofcwiaa9moy.jpg)
A Policía Local de Oroso impide que unha muller vote lucindo reivindicacións a prol das persoas enfermas de Hepatite ou con dependencia, entre outras. Finalmente, exerceu o seu dereito con esas reivindicacións cubertas (imaxe: @onosolar)
#20D Vence (BNG) reclama unha “votación masiva” que lle "permita a Galiza ter unha presenza forte nas cortes españolas”. O voceiro nacional do Bloque estivo acompañado polo cabeza de lista de NÓS pola Coruña, Carlos Callón. "Espero que todos os galegos e galegas voten pensando en transformar as cousas e pensando en Galiza, como pensa tamén o BNG que forma parte da coalición NÓS-Candidatura Galega”, dixo.
#20D Feijóo (PPdeG) vota e pide "gobernabilidade para os próximos catro anos". O presidente da Xunta insta a que o voto "valla para ter un goberno que goberne porque hai moita tarefa por diante". "Hai moito traballo por facer", asegurou. Foto de @A3Galicia.
#20D Fernán Vello (En Marea) vota facendo "unha chamada á participación". O número 1 por Lugo de En Marea apela "á conciencia da cidadanía" nesta xornada electoral.
#20D Noa Presas (NÓS) vota en Ourense e indica que afronta a xornada co "optimismo, a alegría e toda a forza que recollemos durante a campaña". A cabeza de lista ourensá agarda unha "alta participación" nos comicios.
#20D Pilar Cancela (PSdeG) vota cun chamamento á "esperanza" no "cambio" e expresando o convencemento de que unha xornada como a de hoxe "reforza a democracia".
#20D Besteiro (PSdeG) vota en Lugo "con máis ilusión que a primeira vez" e anima a "votar o domingo para non ter que arrepentirse o luns". Na xornada electoral "danse e quítanse razóns", di o socialista, que afirma ter "moi boa sensación" a respecto dos posibles resultados.
Está a causar polémica a difusión dunha imaxe de Rajoy con outra de Adolfo Suárez, ambos votando, na conta do Ministerio do Interior. Nese chío o departamento gobernamental indicaba que entre ambas fotografías "pasaron 38 anos de historia democrática en España".
#20D Antón Gómez-Reino (En Marea) vota na Coruña nun "día fermoso, perfecto para animar á participación". O candidato apela a "expresarse democraticamente nun día moi importante para a historia deste país e tamén do Estado".
#20D O cabeza de lista do PP de Ourense, Miguel Viso, vota en Arnoia e anima a que "a xente fale nas urnas" e avalíe o xeito en que os partidos estiveron "traballando" nos últimos anos.