Está a causar polémica a difusión dunha imaxe de Rajoy con outra de Adolfo Suárez, ambos votando, na conta do Ministerio do Interior. Nese chío o departamento gobernamental indicaba que entre ambas fotografías "pasaron 38 anos de historia democrática en España".
Fálase
#20D Antón Gómez-Reino (En Marea) vota na Coruña nun "día fermoso, perfecto para animar á participación". O candidato apela a "expresarse democraticamente nun día moi importante para a historia deste país e tamén do Estado".
#20D O cabeza de lista do PP de Ourense, Miguel Viso, vota en Arnoia e anima a que "a xente fale nas urnas" e avalíe o xeito en que os partidos estiveron "traballando" nos últimos anos.
#20D Olalla Rodil (NÓS) vota na Ribeira de Piquín e agarda que a xornada sexa "o máis tranquila posible e vote canta máis xente, mellor". "O único que podemos pedir é que todo o mundo se achegue ás urnas", di a candidata.
Carme Adán (NÓS) vota en Vigo nun "día moi emocionante". A candidata expresou a súa confianza en que "Galiza teña voz propia para seguir a defender os intereses das galegas e galegos no Congreso" na nova lexislatura.
#20D As solicitudes de voto por correo aumentaron en case 100.000 a respecto de 2011 no conxunto do Estado, segundo datos do Ministerio do Interior
Carlos Callón (NÓS) vota en Bertamiráns e "convida a todos os galegos e galegas a acudir ás urnas" e "depositar a papeleta pensando nas súas ilusións e desexos, tanto a nivel persoal como a nivel galego".
Yolanda Díaz (En Marea) votou xa en Ferrol. A número 2 da candidatura pola Coruña animou o electorado a "pensar que hai moitos anos neste país non se podía votar e é unha sorte enorme poder facelo".
A Xunta dá por extinguido un incendio en Carballeda de Valdeorras que queimou unhas 150 hectáreas.
Oito datos sen importancia desta xornada electoral (pero que che gustará coñecer). En eldiario.es