Carme Adán (NÓS) vota en Vigo nun "día moi emocionante". A candidata expresou a súa confianza en que "Galiza teña voz propia para seguir a defender os intereses das galegas e galegos no Congreso" na nova lexislatura.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/56768168ceb41-votacion.jpg)
Carme Adán (NÓS) vota en Vigo nun "día moi emocionante". A candidata expresou a súa confianza en que "Galiza teña voz propia para seguir a defender os intereses das galegas e galegos no Congreso" na nova lexislatura.
#20D As solicitudes de voto por correo aumentaron en case 100.000 a respecto de 2011 no conxunto do Estado, segundo datos do Ministerio do Interior
Carlos Callón (NÓS) vota en Bertamiráns e "convida a todos os galegos e galegas a acudir ás urnas" e "depositar a papeleta pensando nas súas ilusións e desexos, tanto a nivel persoal como a nivel galego".
Yolanda Díaz (En Marea) votou xa en Ferrol. A número 2 da candidatura pola Coruña animou o electorado a "pensar que hai moitos anos neste país non se podía votar e é unha sorte enorme poder facelo".
A Xunta dá por extinguido un incendio en Carballeda de Valdeorras que queimou unhas 150 hectáreas.
Oito datos sen importancia desta xornada electoral (pero que che gustará coñecer). En eldiario.es
Importantísima vaga de incendios no occidente de Asturias con máis dun cento de focos, moitos deles visibles dende A Mariña. Está a contalo a televisión pública asturiana
O Santiago Futsal confirma que conseguiu o mínimo económico necesario para poder seguir competindo en Primeira División. O equipo compostelán enfrontábase a ter que deixar a competición dende este venres se non lograba recursos para facer fronte ás súas obrigas económicas, cifradas en 150.000 euros.
O PP tentará tombar no TSXG a moción de censura da Deputación de Lugo despois de que un xulgado lucense rexeitase o seu recurso. Recólleo Faro de Vigo
O prazo de voto nos consulados para os residentes ausentes (CERA) amplíase ata o domingo ás 8 da tarde. Así o vén de determinar a Xunta Electoral Central tras detectarse "problemas significativos" na recepción dos votos.