O prazo de voto nos consulados para os residentes ausentes (CERA) amplíase ata o domingo ás 8 da tarde. Así o vén de determinar a Xunta Electoral Central tras detectarse "problemas significativos" na recepción dos votos.
Fálase
Albert Rivera ratifica que Ciudadanos facilitará un goberno do PP se o partido de Rajoy é o máis votado
O xulgado do contencioso de Lugo non admite o recurso presentado polo PP contra a moción de censura na Deputación provincial. O voceiro do goberno, o socialista Álvaro Santos, lamenta a "constante necesidade de Elena Candia e o PP de xudicializar a vida política".
Procuran en Portugal presuntos autores dos atentados de París. O Estado portugués está a reforzar os controis de fronteiras, entre eles, o de Valença do Minho (na imaxe). Cóntao Jornal de Notícias.
A CUP volverá votar entre catro opcións: dúas delas implican investir a Mas. Na asemblea do 27 de decembro, a formación optará entre desbloquear a investidura ou ir cara a novas eleccións.
Florentino Pérez pon á venda Urbaser, a maior concesionaria de servizos públicos en Galicia. Cóntao La Voz de Galicia.
O PP alerta dunha posible "coalición de súper rojos" tras o 20-D se Podemos é segunda forza. Cóntao Europa Press
O PP resucita a posibilidade de 'gran coalición' co PSOE e con Susana Díaz, que ve a idea "patética" e "de perdedores".
O novo goberno portugués aproba a suba do salario mínimo, desconxela as pensións máis baixas e incrementa os subsidios para persoas sen recursos, tal e como anunciara o primeiro ministro, o socialista António Costa, na Assembleia da República
Pablo Iglesias augura que Yolanda Díaz estará "no grupo galego que imos crear" no Congreso con En Marea tras o 20-D. Faino nunha entrevista en eldiario.es na que anticipa unha "lexislatura histórica".