O PP alerta dunha posible "coalición de súper rojos" tras o 20-D se Podemos é segunda forza. Cóntao Europa Press
Fálase
O PP resucita a posibilidade de 'gran coalición' co PSOE e con Susana Díaz, que ve a idea "patética" e "de perdedores".
O novo goberno portugués aproba a suba do salario mínimo, desconxela as pensións máis baixas e incrementa os subsidios para persoas sen recursos, tal e como anunciara o primeiro ministro, o socialista António Costa, na Assembleia da República
Pablo Iglesias augura que Yolanda Díaz estará "no grupo galego que imos crear" no Congreso con En Marea tras o 20-D. Faino nunha entrevista en eldiario.es na que anticipa unha "lexislatura histórica".
O responsable económico do PP di que as súas promesas de baixadas de impostos en 2011 son "lenda urbana". No seu programa de hai catro anos, que podes descargar nesta ligazón, incluíanse rebaixas no IRPF e reducións no imposto de transmisións patrimoniais, entre outras.
O alcalde de Dozón distribúe unha carta pedindo o voto para o PP entre a veciñanza tras darse de baixa no partido pola súa detención no caso da presunta fraude nos cursos de formación. Adolfo Campos di na misiva que "en general, las cosas están mejor que hace cuatro años". O BNG local, que critica a distribución da carta, ironiza con que " o señor Campos non notará a crise, logo de subirse o soldo por media xornada laboral".
A Asociación Profesional de la Magistratura, a Asociación Judicial Francisco de Vitoria, Jueces para la Democracia e Foro Judicial Independiente presentan un manifesto conxunto no que salientan que "a Xustiza non pode seguir sendo a grande esquecida". Demandan un "pacto de Estado" para acadar unha Xustiza de calidade
Traballadores de Alcoa volven manifestarse na Coruña reclamando unha tarifa eléctrica competitiva e que non se peche a factoría. Foto de @TraballadoAlcoa
A cooperativa gráfica Sacaúntos, a libraría feminista Lila de Lilith e a tecnolóxica Imaxin Software gañan o Premio Manuel Beiras 2015 que, organizado polo Concello de Santiago, distingue as empresas que destacan polo fomento e uso do galego.
O fiscal xefe de Pontevedra advirte de que está prohibido identificar o menor que agrediu este mércores a Rajoy. O presidente do Goberno central e líder do PP reclama que non se fagan lecturas políticas sobre esta agresión, da que varios xornais responsabilizan á esquerda.