O alcalde de Dozón distribúe unha carta pedindo o voto para o PP entre a veciñanza tras darse de baixa no partido pola súa detención no caso da presunta fraude nos cursos de formación. Adolfo Campos di na misiva que "en general, las cosas están mejor que hace cuatro años". O BNG local, que critica a distribución da carta, ironiza con que " o señor Campos non notará a crise, logo de subirse o soldo por media xornada laboral".
