Telegram gaña máis de millón de medio de novos usuarios e usuarias en Brasil, tralo peche por dous días (este xoves e venres) de WhatsApp, ordenado por un xuíz. Aínda non se fixeron públicas as razóns que levaron ao bloqueo deste servizo de mensaxería
Fálase
A Xunta Electoral suspende a inauguración dunha sala de lectura do Concello de Vilalba. O acto, denunciado polo PSdeG ante as autoridades electorais, estaba previsto polo goberno local (PP) para o derradeiro día da campaña do 20-D.
Un incendio forestal queima unhas 25 hectáreas en Xove. Segundo Medio Rural, o lume está xa controlado na zona.
Rajoy resalta que "agarda" que "ninguén tire conclusións políticas" da agresión que sufriu en Pontevedra
Pedro Sánchez resalta que Besteiro xa "dixo" que "non vai ser senador" e manifesta que "cre" na "inocencia" do líder do PSdeG. Faino nunha entrevista con eldiario.es
Un menor de idade golpea a Rajoy en Pontevedra. O rapaz xa foi detido logo de darlle unha puñada ao presidente do Goberno durante un paseo pola cidade do Lérez. Pódese ver o vídeo no Diario de Pontevedra.
Rajoy, agredido por un home en Pontevedra, segundo conta El Mundo.
Naukas reivindica o traballo do fotógrafo galego Dani Caxete, autor dunha imaxe tirada no "banco máis bonito do mundo" situado en Loiba (Ortigueira) que recibiu unha mención especial no certame The 2015 International Earth & Sky Photo Contest, unha fotografía utilizada en moitas ocasións sen o seu permiso e sen atribuírlla.
Gran Hermano, Eurovisión e Supervivientes, as procuras máis populares do 2015 en España. Nos dez primeiros postos tamén entran Eleccións, París e Charlie Hebdo. As preguntas máis buscadas foron "Que pasaría se Cataluña se independizase", "Que pasaría se Grecia sae do euro" e "Que pasaría se gaña Podemos".
A Audiencia de Lugo rexeita afastar a xuíza De Lara do caso Garañón, no que mantén a imputación sobre Besteiro. Este mércores, Pedro Sánchez manifestou que "cre na inocencia" do líderes dos socialistas galegos.