A Audiencia de Lugo rexeita afastar a xuíza De Lara do caso Garañón, no que mantén a imputación sobre Besteiro. Este mércores, Pedro Sánchez manifestou que "cre na inocencia" do líderes dos socialistas galegos.
Fálase
O xefe territorial de Cultura da Xunta felicita oficialmente o Nadal dende "la Coruña". A Mesa pola Normalización Lingüística reclama o cesamento de Indalecio Cabana por este "insólito" episodio nun responsable do departamento responsable das competencias de promoción do galego.
A Cuarta Parede púxose en contacto coas principais forzas políticas que concorren ás eleccións do 20D para coñecer as súas propostas para o cinema. Estas son as súas respostas.
Cultura Galega fai un percorrido, da man de Xulio Carballo, por algúns dos "fitos" da banda deseñada nos anos setenta, pioneiros do xénero no noso país. Carballo presentou este verán a primeira tese de de doutoramento sobre a historia do cómic en Galicia.
O prazo para depositar o voto por correo nas oficinas postais amplíase ata este venres ás dúas da tarde. Confírmao a Xunta Electoral Central.
Albert Rivera reprende a un xornalista por preguntarlle por medidas para Galicia. No transcurso dunha entrevista en La Voz de Galicia o líder de Ciudadanos advertiu de non querer "hacer un debate" ao ser cuestionado ao respecto: "Me habían dicho que esto era una entrevista".
Apenas o 13% dos artigos da Wikipedia foron creados e editados por mulleres. Diagonal analiza nunha reportaxe "a necesaria feminización" da enciclopedia libre.
O Concello de Vigo comezará a tramitar o seu novo PXOM co modelo de 2008 co obxectivo de aforrar tres anos de prazo. Abel Caballero levará o inicio do proxecto á Xunta de Goberno este xoves e o venres ao pleno
Javier Gómez Noya, elixido mellor deportista español de 2015 na gala do COE. O ferrolán acadou o seu quinto título mundial de triatlón e ten os Xogos de Río 2016 como o seu grande obxectivo.
Feminicidio, xihadismo, refuxiado, retuit, indignación, rechouchío e plebiscitario, candidatas a Palabra do Ano no Portal da Palabras da Real Academia Galega