O Concello de Vigo comezará a tramitar o seu novo PXOM co modelo de 2008 co obxectivo de aforrar tres anos de prazo. Abel Caballero levará o inicio do proxecto á Xunta de Goberno este xoves e o venres ao pleno
Fálase
Javier Gómez Noya, elixido mellor deportista español de 2015 na gala do COE. O ferrolán acadou o seu quinto título mundial de triatlón e ten os Xogos de Río 2016 como o seu grande obxectivo.
Feminicidio, xihadismo, refuxiado, retuit, indignación, rechouchío e plebiscitario, candidatas a Palabra do Ano no Portal da Palabras da Real Academia Galega
El Diario acolleu onte a celebración dun debate entre candidatas de PP, PSOE, Podemos, Ciudadanos, Unidad Popular e UPyD. PP e Ciudadanos sinalaron que falar de violencia machista en campaña é "electoralista"
Ás 12 horas El Periódico de Catalunya publicará, a través de El Periòdic d'Andorra, unha nova entrega da súa enquisa electoral, pasando deste xeito por riba da cuestionada prohibición de non difundir sondaxes na última semana de campaña. Esta edición amosará xa os posibles efectos do cara a cara entre Rajoy e Sánchez do pasado luns.
Bieito Lobeira declarou este martes na Audiencia Nacional como testemuña no proceso contra Causa Galiza. Cóntao Sermos Galiza.
A plataforma de vítimas e familiares de vítimas do accidente do Alvia concentrarase este xoves ante o Congreso para esixirlles a todas as forzas políticas o compromiso de que na vindeira lexislatura se constituirá unha comisión de investigación que estude as causas e responsabilidades políticas da traxedia, como veñen demandando dende hai dous anos.
Un candidato de Ciudadanos sentencia que o partido quere "equiparar a violencia machista e feminista". No seu programa, a formación propón eliminar o agravante de xénero da lexislación contra a violencia de xénero e este luns o propio Albert Rivera referiuse á violencia machista como "violencia entre personas que se quieren".
O candidato de Ciudadanos pola Coruña atribúe agora a un problema telefónico as súas dificultades para concretar propostas. Antonio Rodríguez, que hoxe estará acompañado por Inés Arrimadas tras cancelarse a visita de Albert Rivera, argumenta que o seu partido extrapolará a Galicia as propostas xerais do programa estatal. Recólleo La Voz
#20D NÓS propón crear unha "rede de apoio para o retorno da mocidade que traballa fóra". A iniciativa lanzouna a candidata da plataforma por Ourense, Noa Presas, no marco dun encontro con xente nova. "NÓS cre na capacidade do pobo para decidir e defender o país", resalta.