Bieito Lobeira declarou este martes na Audiencia Nacional como testemuña no proceso contra Causa Galiza. Cóntao Sermos Galiza.
Fálase
A plataforma de vítimas e familiares de vítimas do accidente do Alvia concentrarase este xoves ante o Congreso para esixirlles a todas as forzas políticas o compromiso de que na vindeira lexislatura se constituirá unha comisión de investigación que estude as causas e responsabilidades políticas da traxedia, como veñen demandando dende hai dous anos.
Un candidato de Ciudadanos sentencia que o partido quere "equiparar a violencia machista e feminista". No seu programa, a formación propón eliminar o agravante de xénero da lexislación contra a violencia de xénero e este luns o propio Albert Rivera referiuse á violencia machista como "violencia entre personas que se quieren".
O candidato de Ciudadanos pola Coruña atribúe agora a un problema telefónico as súas dificultades para concretar propostas. Antonio Rodríguez, que hoxe estará acompañado por Inés Arrimadas tras cancelarse a visita de Albert Rivera, argumenta que o seu partido extrapolará a Galicia as propostas xerais do programa estatal. Recólleo La Voz
#20D NÓS propón crear unha "rede de apoio para o retorno da mocidade que traballa fóra". A iniciativa lanzouna a candidata da plataforma por Ourense, Noa Presas, no marco dun encontro con xente nova. "NÓS cre na capacidade do pobo para decidir e defender o país", resalta.
O Concello de Santiago cancela o convenio que implicaba construír o acceso a un parking privado por riba dunha zona verde pública no barrio de Galeras. O acordo fora impulsado polo anterior goberno, que despois o suspendera sen chegar a cancelalo
O Concello de Santiago cancela o convenio que implicaba construír o acceso a un parking privado por riba dunha zona verde pública no barrio de Galeras. O acordo fora impulsado polo anterior goberno, que despois o suspendera sen chegar a cancelalo
As acusacións de Pedro Sánchez a Rajoy polo caso Bárcenas marcan o debate televisivo entre ambos. Crónica e resumo en eldiario.es
Ás 22:00 comeza o debate televisivo entre Mariano Rajoy e Pedro Sánchez. Pódese seguir ao vivo por RTVE, as canles de Atresmedia e o directo de eldiario.es
O candidato de Ciudadanos por Pontevedra cancela a súa intervención nun debate de V Televisión dúas horas antes do seu comezo. Previamente, indica a canle, os representantes de PP e PSOE tamén indicaran que non asistirían. No lugar do encontro previsto estará presente Carme Adán (NÓS), que como Alexandra Fernández (En Marea), si manifestou a súa disposición a asistir.