Ás 22:00 comeza o debate televisivo entre Mariano Rajoy e Pedro Sánchez. Pódese seguir ao vivo por RTVE, as canles de Atresmedia e o directo de eldiario.es
Fálase
O candidato de Ciudadanos por Pontevedra cancela a súa intervención nun debate de V Televisión dúas horas antes do seu comezo. Previamente, indica a canle, os representantes de PP e PSOE tamén indicaran que non asistirían. No lugar do encontro previsto estará presente Carme Adán (NÓS), que como Alexandra Fernández (En Marea), si manifestou a súa disposición a asistir.
VÍDEO O PSOE difunde un vídeo coas "10 mentiras de Rajoy no seu último debate" antes do 'cara a cara' que manterá esta noite con Pedro Sánchez, organizado pola Academia de Televisión e ofrecido por varias canles.
A Xunta Electoral cancela un acto da Autoridade Portuaria da Coruña tras unha denuncia de En Marea. Recólleo Economía Digital
#20D En Marea tería entre 3 e 5 escanos e NÓS, entre 0 e 1, segundo a derradeira entrega da enquisa electoral de Celeste-Tel para eldiario.es, segundo a cal o PP segue en cabeza malia caer uns 17 puntos e un 60 escanos a respecto de 2011.
Albert Rivera define agora a violencia de xénero como "violencia entre persoas que se queren". O líder de Ciudadanos escudouse nas parellas homosexuais para, nunha entrevista na SER (minuto 21:50), defender a súa aposta por eliminar o agravante de xénero da lei contra a violencia machista
A Plataforma de Afectados pola Hipoteca levará a cabo este luns un acto reivindicativo polas rúas de Vigo (18 horas, cruce de Vía Norte e Urzaiz), protestando contra PP, PSOE e Ciudadanos por incumprir as cinco grandes demandas das PAH.
Dani de la Torre (director novel), Luís Tosar (actor protagonista) e Jorge Coira (montaxe), finalistas dos Premios Goya por El Desconocido (Vaca Films). Tamén son finalistas na categoría de longametraxe de animación Meñique (Ficción Producciones e ICAIC) Noche ¿de Paz? - Holy Night! (Dygra). Os gañadores e gañadoras coñeceranse o vindeiro 6 de febreiro.
Os machistas tamén votan. O profesor Miguel Lorente analiza as razóns electorais que levan a Ciudadanos a cuestionar o marco legal de loita contra a violencia machista. O ex delegado do Goberno para a Violencia de Xénero debúllao neste artigo en eldiario.es
O embaixador de España na India dimite para "non prexudicar o Goberno en campaña" tras revelarse que actuou como comisionista.