José Manuel Barreiro voceiro do PP no Senado, recúa e impulsará eliminar o galego, o catalán e o éuscaro dos debates da Cámara Alta ao tempo que se reivindica como "galegofalante". En El Punt Avui.
Fálase
O alcalde de Santiago convoca un acto de inauguración para pór en marcha dous semáforos.
Arde un vehículo no centro de Santiago. Os bombeiros compostelán tiveron que acudir á céntrica rúa Presidente Salvador Allende, na capital de Galicia, para apagar as lapas dun coche. Aquí podes ver o vídeo do suceso.
Rajoy confirma que presentará os Orzamentos para 2012, con novos recortes, despois das eleccións andaluzas e asturianas. De visita en Italia, o primeiro ministro dese país, Mario Monti, declárase "impresionado" pola reforma laboral español. Cóntao a Cadena SER
Feijoo: "Gústanme moito os grelos de Ordes e disfruto moito co leite que se produce nesa zona, non creo que estean prexudicados pola planta", afirmou na roda de prensa posterior ao Consello da Xunta. Ademais, di "descoñecer" que a Deputación de Ourense estea en contra da instalación da planta no Irixo.
Consello da Xunta: Feijóo afirma que os concellos que queiran ter "prioridade" para acceder aos fondos da Xunta "terán que fusionarse". O resto, quedarán "á cola".
Consello da Xunta: Rosa Quintana avanza que a Lei de Montes, en materia de prevención de incendios, "reduce as anchuras de franxas de xestión de biomasa, segundo as necesidades reais de defensa das vivendas, dos campings, das industrias e das urbanizacións"
Consello da Xunta: A Lei de Montes obrigará a reinvestir "unha parte dos beneficios" das talas en repoboar o propio monte. Vetará as segregacións de parecelas por baixo das 15 hectáreas, adianta Feijóo.
Os escritores e escritoras galegas denuncian a súa marxinación dos actos organizados pola Xunta para homenaxear a Celso Emilio Ferreiro. Alfredo Ferreiro afirma que "esta actitude institucional dá a entender que o goberno actual non ten ningún respecto polas institucións culturais que manan do pobo".
O PP confirma o veto a ERC na comisión de segredos oficiais do Congreso por estar, din, "ao servizo de Amaiur". "Vaia numeriño montaron para conmemorar o 23-F", retruca Esquerra. En La Información.