Masiva manifestación en Bilbao con máis de 100.000 persoas que claman por consolidar a paz en Euskadi. A marcha supón unha unidade de acción sen precedentes desde o pacto de Lizarra.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/52d18ec86ede6-ona.jpg)
Masiva manifestación en Bilbao con máis de 100.000 persoas que claman por consolidar a paz en Euskadi. A marcha supón unha unidade de acción sen precedentes desde o pacto de Lizarra.
A ministra Ana Pastor achégase a escoitar as demandas de preferentistas e emigrantes retornados nun acto na Guarda. "Sentímonos roubados", manifestáronlle os afectados, que se manifestaban ás portas do castelo ao que se desprazou a titular de Fomento.
O sector crítico da CIG en Citroën abandona o sindicato e afíliase á CUT tras a expulsión dun membro o pasado mes de novembro e a solicitude para facer o mesmo con outros seis compañeiros.
Falece o ex primeiro ministro israelí Ariel Sharon logo de oito anos en coma. Liderou o país hebreo entre 2001 e 2006 e foi tamén ministro de Defensa ou de Relacións Exteriores.
A infanta Cristina rexeita recorrer a súa imputación no caso Nóos. A Casa Real di estar satisfeita con esta decisión da filla do monarca.
O BNG homenaxe a Castelao nun acto en Rianxo.
Importantes disturbios en Burgos e en Melilla. Unhas 300 persoas protestaron na capital castelá pola conversión dunha rúa en bulevar, mentres que varios veciños enfrontáronse á policía, incluso con armas de fogo, na cidade africana polo reparto de empregos públicos.
Case sete de cada dez españois están en contra de eliminar o suposto de malformación na lei do aborto, segundo unha enquisa que publica El Diario.
A Fiscalía Xeral do Estado nega unha unidade anticorrupción a Galicia. Torres Dulce obvia a petición do fiscal superior, Carlos Varela, como xa fixera o seu antecesor no cargo.
Amancio Ortega compra outro edificio por 23 millóns de euros. Mercou o inmoble de Apple en Valencia logo de coñecerse que adquiriu o antigo de Banesto en Barcelona por 44 millóns.