A infanta Cristina rexeita recorrer a súa imputación no caso Nóos. A Casa Real di estar satisfeita con esta decisión da filla do monarca.
Fálase
O BNG homenaxe a Castelao nun acto en Rianxo.
Importantes disturbios en Burgos e en Melilla. Unhas 300 persoas protestaron na capital castelá pola conversión dunha rúa en bulevar, mentres que varios veciños enfrontáronse á policía, incluso con armas de fogo, na cidade africana polo reparto de empregos públicos.
Case sete de cada dez españois están en contra de eliminar o suposto de malformación na lei do aborto, segundo unha enquisa que publica El Diario.
A Fiscalía Xeral do Estado nega unha unidade anticorrupción a Galicia. Torres Dulce obvia a petición do fiscal superior, Carlos Varela, como xa fixera o seu antecesor no cargo.
Amancio Ortega compra outro edificio por 23 millóns de euros. Mercou o inmoble de Apple en Valencia logo de coñecerse que adquiriu o antigo de Banesto en Barcelona por 44 millóns.
A xuíza imputa outras sete persoas na operación Pokémon na Coruña. Todas elas terían relación directa ou indirecta con empresas adxudicatarias do Concello coruñés.
Sortu, PNV e sindicatos convocan outra manifestación para mañá en Bilbao tras prohibirse a de apoio á reagrupación dos presos de ETA en Euskadi.
A organización da manifestación convocada para mañá en Bilbao e prohibida pola Audiencia Nacional desconvoca a marcha e sinala que "os seus obxectivos se cumpriron".
O complexo de La Moncloa recibe cada mes 124 exemplares do diario Gara. Cóntao o blog El BOE nuestro de cada día, que debulla o contrato do Ministerio da Presidencia para o subministro de prensa. Incluía tamén 381 exemplares mensuais de La Gaceta.