A organización da manifestación convocada para mañá en Bilbao e prohibida pola Audiencia Nacional desconvoca a marcha e sinala que "os seus obxectivos se cumpriron".
Fálase
O complexo de La Moncloa recibe cada mes 124 exemplares do diario Gara. Cóntao o blog El BOE nuestro de cada día, que debulla o contrato do Ministerio da Presidencia para o subministro de prensa. Incluía tamén 381 exemplares mensuais de La Gaceta.
A empresa editora da revista Oink! advirte de que a publicación corre risco de non seguir adiante. Os problemas económicos levárona a suspender a impresión do número 5 da publicación, xa composto, mentres procuran novas vías de financiamento, como as subscricións ou o crowdfunding, e chaman á colaboración do público para lograr a "supervivencia".
O ministro de Agricultura, Miguel Arias Cañete, causa a hilaridade ao explicar o novo sistema de etiquetas do xamón na rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros, na que mesmo a vicepresidenta, Sáenz de Santamaría, tivo que conter o riso. O vídeo, en El País.
O PP acusa a oposición de rexeitar o recorte de deputados para non perder os seus salarios, aínda que os demais grupos insisten en rebaixar soldos sen recortar escanos.
O xuíz Velasco prohibe a manifestación polos presos de ETA en Bilbao. O maxistrado Ruz dera luz verde ao acto porque non vía causa de enaltecemento do terrorismo na marcha.
Montse Dopico recupera un especial sobre Simone de Beauvoir publicado en Galicia Hoxe no 106 aniversario do nacemento da autora francesa: “As mulleres atoparon na miña exposición un abrigo contra os mitos que as esmagaban”
Felipe González di que deixará de ser conselleiro de Gas Natural "por aburrimento". Asegura que accedeu ao cargo porque lle interesaba "coñecer o mundo da enerxía".
A SGAE leva o Concello de Cangas ante a Xustiza por un suposto impago relacionado coas festas de Coiro de 2004. O concelleiro de Cultura da vila rexeita pagar o que cualifica como "imposto revolucionario".
O xefe de comunicación de Interior presenta a súa renuncia tras filtrarse a operación policial contra presuntos membros de ETA. Tería presentado a súa dimisión na tarde de onte.