O xefe de comunicación de Interior presenta a súa renuncia tras filtrarse a operación policial contra presuntos membros de ETA. Tería presentado a súa dimisión na tarde de onte.
Fálase
A alcaldesa de Lourenzá cualifica de "salvaxada" a morte por disparos de rifle de tres cabalos, que tamén foi denunciada por Libera.
El País informa de que Rajoy estuda o xeito de prohibir que ex membros de ETA sexan candidatos ás eleccións municipais, o que implicaría unha aplicación retroactiva da lei como aconteceu coa doutrina Parot.
Economistas frente a la crisis analiza a "propaganda" que chegou tras a poxa eléctrica anulada polo Goberno central.
PP e PSOE deteñen as súas caídas en intención de voto cos conservadores como máis apoiados, segundo unha enquisa que hoxe publica El Diario. Nela, o BNG mantén os seus dous escanos no Congreso.
O PSdeG pregúntase por que Feijóo acusa a Artur Mas de "inventar problemas" mentres promove un recorte do Parlamento que "ninguén demanda". Os socialistas reclaman un pleno extraordinario do Parlamento para abordar os "problemas reais" do país.
Unha grande auxiliar do naval de Ferrol pretende despedir todos os seus traballadores. Maessa quere aplicar un ERE de extinción aos seus 85 traballadores.
O BNG será o anfitrión da asemblea anual da Alianza Libre Europea, que se celebrará en Compostela entre o 13 e o 15 de febreiro. A asemblea incluirá "un gran acto político" para "abordar o reto das eleccións europeas", explican.
O coordinador do colectivo pacifista vasco Lokarri, Paul Ríos, pídelle ao Goberno de España que "se non quere axudar, cando menos non moleste" no proceso de paz en Euskadi. Tras as detencións de onte, a Fiscalía pide agora suspender a manifestación por unha nova política penitenciaria, convocada para o vindeiro día 11.
O PNV agarda pechar este mes a súa coalición para as eleccións europeas. Espera, entre outros aspectos, saber se as bases de Compromiso por Galicia apoian que a formación se una a esta alianza. Decidirano o vindeiro día 25.