O BNG será o anfitrión da asemblea anual da Alianza Libre Europea, que se celebrará en Compostela entre o 13 e o 15 de febreiro. A asemblea incluirá "un gran acto político" para "abordar o reto das eleccións europeas", explican.
Fálase
O coordinador do colectivo pacifista vasco Lokarri, Paul Ríos, pídelle ao Goberno de España que "se non quere axudar, cando menos non moleste" no proceso de paz en Euskadi. Tras as detencións de onte, a Fiscalía pide agora suspender a manifestación por unha nova política penitenciaria, convocada para o vindeiro día 11.
O PNV agarda pechar este mes a súa coalición para as eleccións europeas. Espera, entre outros aspectos, saber se as bases de Compromiso por Galicia apoian que a formación se una a esta alianza. Decidirano o vindeiro día 25.
O ex presidente de Sacyr recibiu pagos en Suíza dun imputado na Gürtel. Nova información demostra a existencia dunha conta a nome da esposa de Bárcenas no país helvético.
A canle Intereconomía, que acumula varios meses sen pagarlle ao seu persoal, recorrerá a sentenza condenatoria contra un dos seus tertulianos, que lle chamou "porca", entre outros insultos, a unha conselleira da Generalitat por desenvolver programas de educación sexual. Na web do Colexio de Xornalistas.
Está a xerar especial polémica a portada de hoxe do diario ABC, polo tratamento fotográfico dunha das persoas detidas onte en Euskadi.
Obama pide a Rajoy depositar en Tarragona residuos de armas químicas sirias. O Goberno español rexeita a proposta pero non descarta que os EUA insistan na petición.
O líder do PP en Narón xestiona unha clínica sen licenza desde 1998. O seu gabinete médico carece da licenza de actividade municipal, segundo conta El País.
Rajoy non retirou ningún símbolo franquista desde que goberna e recoñece que nos edificios ministeriais aínda hai 135 placas do réxime fascista.
O vindeiro martes 14 de xaneiro remata o prazo para que a Iniciativa Cidadá Europea por unha renda básica universal acade as sinaturas que necesita para iniciar o seu proceso lexislativo a través da Comisión Europea e o Parlamento Europeo.