Rajoy non retirou ningún símbolo franquista desde que goberna e recoñece que nos edificios ministeriais aínda hai 135 placas do réxime fascista.
Fálase
O vindeiro martes 14 de xaneiro remata o prazo para que a Iniciativa Cidadá Europea por unha renda básica universal acade as sinaturas que necesita para iniciar o seu proceso lexislativo a través da Comisión Europea e o Parlamento Europeo.
Microsiervos sinala a existencia de campañas a prol do cambio de fuso horario de GMT +1 a GMT +0 en España (para aproveitar máis a luz solar na mañá) e en sentido inverso en Gran Bretaña (para aproveitala mellor polas tardes)
Os e as traballadoras de Arriva farán folga os xoves e venres de xaneiro a partir do día 16. O paro, convocado por CIG e CCOO, afecta ás áreas de Santiago, A Coruña, Ferrol, a Mariña, Lugo e Ourense.
Celia Villalobos solicitou que se lles dea aos deputados populares liberdade de voto na votación no Congreso sobre a reforma da lei do aborto
El Diario publica unha "Guía para (tentar) non perder a tarxeta sanitaria se marchas ao extranxeiro". As persoas que saian de España máis de 90 días ao ano perderán a tarxeta sanitaria. Ademais, se se reside en España e se esgota a prestación do paro, é fundamental seguir dado de alta como demandante de emprego para non perdela
Jaume Matas non entrará en prisión mentres o Goberno central decide se o indulta. O ex presidente balear e ministro de Medio Ambiente durante o Prestige foi condenado por tráfico de influencias. En El Diario.
Os cinemas recuperan o Día do Espectador para os mércores non festivos. As entradas custarán entre 3,90 e 5 euros, nesta iniciativa promovida polas principais asociacións da industria cinematográfica, que tamén anunciaron que a Festa do Cine terá un carácter semestral
A Garda Civil detén varios avogados acusados de pertencer a ETA e o Ministerio do Interior anúnciao antes de que se produzan os prendementos. En El Diario
O Goberno grego suspende o dereito de manifestación en Atenas durante os actos nos que asume a presidencia de quenda da UE. Recólleo Público