O Goberno grego suspende o dereito de manifestación en Atenas durante os actos nos que asume a presidencia de quenda da UE. Recólleo Público
Fálase
Feijóo pide no comité executivo do PP que "se fale" para "non impoñer" a contrarreforma do aborto, pero sen que a xuntanza se convirta "no comité do aborto". A vicepresidenta do Congreso, Celia Villalobos, pídelle a Rajoy "liberdade de voto" nesa decisión. Cóntao El País.
España rexistra un novo record de paro xuvenil, segundo Eurostat. Un 57,7% dos mozos menores de 25 anos están desempregados, a taxa máis alta da UE e unha cifra por riba do resto de estados rescatados.
Compromiso chama a PSdeG, AGE e BNG a formular "unha alternativa conxunta á reforma electoral de Feijóo". Bascuas ve "positiva a proposta do BNG de facer unha fronte común entre os partidos contrarios á reforma" e sinala que CxG se "sumaría sen poñer condicións" para "achegar no que fose posible".
O aforro dos fogares españois cae ao seu nivel máis baixo dende 2007, segundo datos publicados esta mañá polo INE. Afórrase unha media do 9,2% da renda.
Galicia lidera o peche de bibliotecas ao perder 45 en tan só catro anos. O país conta con 505 centros de lectura, segundo datos do ano 2012.
Amancio Ortega compra á Sareb a vella sede de Banesto en Barcelona tras mercar a hipoteca por 44 millóns de euros, cun 33% de rebaixa.
GCiencia conta como en 1929 Vigo puido converterse no aeroporto do mundo. A cidade foi elixida polo Goberno dos Estados Unidos para recibir todos os voos transoceánicos entre América e Europa.
Cada día 60 galegos e galegas marchan traballar a outras comunidades autónomas. En total, foron máis de 22 mil ao longo de 2013 e o 35% tiñan menos de 29 anos.
70 alcaldes do PP de toda España (entre eles oito galegos) asinan un manifesto contra a política enerxética do Goberno central, e en concreto, contra o trato que recibe a enerxía eólica