GCiencia conta como en 1929 Vigo puido converterse no aeroporto do mundo. A cidade foi elixida polo Goberno dos Estados Unidos para recibir todos os voos transoceánicos entre América e Europa.
Fálase
Cada día 60 galegos e galegas marchan traballar a outras comunidades autónomas. En total, foron máis de 22 mil ao longo de 2013 e o 35% tiñan menos de 29 anos.
70 alcaldes do PP de toda España (entre eles oito galegos) asinan un manifesto contra a política enerxética do Goberno central, e en concreto, contra o trato que recibe a enerxía eólica
A Rede CeAqua, que aglutina as asociacións e plataformas que apoian a querela argentina, solicítalle unha entrevista ao Fiscal Xefe da Audiencia Nacional para que aclare as súas recentes declaracións sobre a suposta prescrición dos crimes da ditadura
Diagonal analizou o pasado decembro a actividade do centro social Rote Flora de Hamburgo, en cuxo desaloxo está a orixe das protestas na cidade alemá.
A Policía de Hamburgo establece o estado de excepción en varios barrios da cidade tras as protestas polo desaloxo dun centro cultural que veu funcionando durante 25 anos.
O filme galego O Xigante, de Abano Producións, competirá polo Goya á mellor curtametraxe de animación.
O presidente de Castela e León, do PP, tamén critica a reforma da lei do aborto. Avoga por agardar polo criterio do Tribunal Constitucional e pide que se escoite os críticos do seu partido críticos coa intención de Gallardón.
O BNG vén de presentar a súa alternativa ao recorte de escanos do Parlamento que promove Feijóo e chama a tecer unha fronte común de toda a oposición. A información, hoxe en Praza.
Os mestres das Illas Baleares volven á folga, logo do expediente ao director dun centro e tras denunciar ameazas de morte contra docentes folguistas.