Está a xerar especial polémica a portada de hoxe do diario ABC, polo tratamento fotográfico dunha das persoas detidas onte en Euskadi.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/52ce65a2dffb2-bdhptqiceaajnsn.jpg)
Está a xerar especial polémica a portada de hoxe do diario ABC, polo tratamento fotográfico dunha das persoas detidas onte en Euskadi.
Obama pide a Rajoy depositar en Tarragona residuos de armas químicas sirias. O Goberno español rexeita a proposta pero non descarta que os EUA insistan na petición.
O líder do PP en Narón xestiona unha clínica sen licenza desde 1998. O seu gabinete médico carece da licenza de actividade municipal, segundo conta El País.
Rajoy non retirou ningún símbolo franquista desde que goberna e recoñece que nos edificios ministeriais aínda hai 135 placas do réxime fascista.
O vindeiro martes 14 de xaneiro remata o prazo para que a Iniciativa Cidadá Europea por unha renda básica universal acade as sinaturas que necesita para iniciar o seu proceso lexislativo a través da Comisión Europea e o Parlamento Europeo.
Microsiervos sinala a existencia de campañas a prol do cambio de fuso horario de GMT +1 a GMT +0 en España (para aproveitar máis a luz solar na mañá) e en sentido inverso en Gran Bretaña (para aproveitala mellor polas tardes)
Os e as traballadoras de Arriva farán folga os xoves e venres de xaneiro a partir do día 16. O paro, convocado por CIG e CCOO, afecta ás áreas de Santiago, A Coruña, Ferrol, a Mariña, Lugo e Ourense.
Celia Villalobos solicitou que se lles dea aos deputados populares liberdade de voto na votación no Congreso sobre a reforma da lei do aborto
El Diario publica unha "Guía para (tentar) non perder a tarxeta sanitaria se marchas ao extranxeiro". As persoas que saian de España máis de 90 días ao ano perderán a tarxeta sanitaria. Ademais, se se reside en España e se esgota a prestación do paro, é fundamental seguir dado de alta como demandante de emprego para non perdela
Jaume Matas non entrará en prisión mentres o Goberno central decide se o indulta. O ex presidente balear e ministro de Medio Ambiente durante o Prestige foi condenado por tráfico de influencias. En El Diario.