Montse Dopico recupera un especial sobre Simone de Beauvoir publicado en Galicia Hoxe no 106 aniversario do nacemento da autora francesa: “As mulleres atoparon na miña exposición un abrigo contra os mitos que as esmagaban”
Fálase
Felipe González di que deixará de ser conselleiro de Gas Natural "por aburrimento". Asegura que accedeu ao cargo porque lle interesaba "coñecer o mundo da enerxía".
A SGAE leva o Concello de Cangas ante a Xustiza por un suposto impago relacionado coas festas de Coiro de 2004. O concelleiro de Cultura da vila rexeita pagar o que cualifica como "imposto revolucionario".
O xefe de comunicación de Interior presenta a súa renuncia tras filtrarse a operación policial contra presuntos membros de ETA. Tería presentado a súa dimisión na tarde de onte.
A alcaldesa de Lourenzá cualifica de "salvaxada" a morte por disparos de rifle de tres cabalos, que tamén foi denunciada por Libera.
El País informa de que Rajoy estuda o xeito de prohibir que ex membros de ETA sexan candidatos ás eleccións municipais, o que implicaría unha aplicación retroactiva da lei como aconteceu coa doutrina Parot.
Economistas frente a la crisis analiza a "propaganda" que chegou tras a poxa eléctrica anulada polo Goberno central.
PP e PSOE deteñen as súas caídas en intención de voto cos conservadores como máis apoiados, segundo unha enquisa que hoxe publica El Diario. Nela, o BNG mantén os seus dous escanos no Congreso.
O PSdeG pregúntase por que Feijóo acusa a Artur Mas de "inventar problemas" mentres promove un recorte do Parlamento que "ninguén demanda". Os socialistas reclaman un pleno extraordinario do Parlamento para abordar os "problemas reais" do país.
Unha grande auxiliar do naval de Ferrol pretende despedir todos os seus traballadores. Maessa quere aplicar un ERE de extinción aos seus 85 traballadores.