Francisco Caamaño, novo secretario xeral provincial do PSdeG-PSOE na Coruña, ao obter o 58,8% dos votos e superar a José Manuel Lage (20,5%) e Valentín González Formoso (20%). Os tres candidatos negociaron durante horas un acordo de integración, que ao final non se produciu. No seu primeiro discurso Caamaño prometeu que "nunca defraudarei" e afirmou que "imos gañar a Xunta"
