Afectados polas preferentes maniféstanse na Coruña. A marcha, convocada pola Plataforma galega de Afectados rematará no Obelisco, onde Teresa Moure e Miguel Pernas lerán un manifesto
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/4fc9de107e322-aux-gxwceaaxtqy.jpg)
Afectados polas preferentes maniféstanse na Coruña. A marcha, convocada pola Plataforma galega de Afectados rematará no Obelisco, onde Teresa Moure e Miguel Pernas lerán un manifesto
Hosni Mubarak, condenado a cadea perpetua pola súa participación na represión de Tahrir. A prensa exipcia informa en directo do proceso.
O Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (Muncyt), na Coruña, terá entrada gratuíta durante todo o mes de xuño
Chega o verán e a Illa de San Simón volve estar aberta ao público. Dende hoxe e até setembro haberá dúas viaxes diarias, catro días á semana, dende Cesantes e Chapela.
Irlanda aproba o Pacto Fiscal europeo cunha marxa ampla (60%) aínda que coa participación máis baixa da historia
Xa está dispoñible para descarga o documental Marea Blanca, realizado por Isabel Coixet en homenaxe aos voluntarios do Prestige
"Que caia España, que xa a ergueremos nós". A Zona Crítica de ElDiario.es recupera a intervención da voceira de Coalición Canaria no Congreso dos Deputados, Ana Oramas, que revelou as verbas do actual ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, antes da aprobación do primeiro decreto de recortes de Zapatero para "evitar a intervención".
A Supercopa de España de fútbol xogarase na China en 2013, avanza El Mundo.
#CMin O Goberno central prepara un "instrumento" semellante ao FROB para apoiar o financiamento das autonomías. Montoro avanza que os anticipos do Estado lles permitiu ás comunidades ter "déficit cero" ata marzo
Un sector do Goberno de Rajoy -encabezado por Álvaro Nadal, xefe da oficina económica da Moncloa- propón ameazar a Alemaña con marchar do euro, segundo Ignacio Escolar. Estas manobras explicarían o artigo que hoxe publica en El País un grupo de economistas próximos ao PP defendendo a permanencia de España na moeda única