#CMin O Goberno central prepara un "instrumento" semellante ao FROB para apoiar o financiamento das autonomías. Montoro avanza que os anticipos do Estado lles permitiu ás comunidades ter "déficit cero" ata marzo
Fálase
Un sector do Goberno de Rajoy -encabezado por Álvaro Nadal, xefe da oficina económica da Moncloa- propón ameazar a Alemaña con marchar do euro, segundo Ignacio Escolar. Estas manobras explicarían o artigo que hoxe publica en El País un grupo de economistas próximos ao PP defendendo a permanencia de España na moeda única
Humble Bundle, o pack de videoxogos independentes que onte comezou a distribuír a súa quinta edición e pola que os usuarios poden pagar o que queiran, recadou 1,6 millóns de dólares en dez horas.
A prima de risco de España está en 542 puntos, despois de marcar esta mañá un novo máximo, con 550 puntos
"Non creo que o rei lese un libro na súa vida". É unha das afirmacións do coloquio entre Iñaki Anasagasti (PNV) e Joan Tardá (ERC) sobre a Monarquía, celebrado este xoves. En Ara.
Obama ordenou incrementar os ciberataques contra Irán para dificultar o seu programa nuclear
A esquerda francesa encabeza con claridade as sondaxes para as eleccións lexislativas, que se celebran este mes. En conxunto obtería un 45-47%, fronte ao 32% da dereita e o 14-16% do Fronte Nacional. Por partidos, o PS sería a forza máis votada con 30-33% dos apoios, unha cifra semellante ao que obtería o UMP. A Front de Gauche roza o 10% e os ecoloxistas o 5%.
Ferrol acolle este sábado a festa anual do PCG. En Caranza haberá exposicións sobre o 40 aniversario do Dez de marzo, concertos e mítins.
Constitúese Acción Universitaria, unha nova organización estudantil na USC, herdeira do grupo RevolucionaUSC. Defínense como "unha alternativa dende a esquerda transformadora no movemento estudantil”
A participación no referendo en Irlanda para aprobar as políticas de austeridade impostas pola UE rexistra a participación máis baixa da historia, ao redor do 50%. Ao longo de hoxe saberanse os resultados, que apuntan a unha vitoria do si