A participación no referendo en Irlanda para aprobar as políticas de austeridade impostas pola UE rexistra a participación máis baixa da historia, ao redor do 50%. Ao longo de hoxe saberanse os resultados, que apuntan a unha vitoria do si
Fálase
O Goberno español nega as informacións que publica o Wall Street Journal, que di que o FMI estaría xa preparando un rescate para España, coa inxección de 300.000 millóns de euros.
Os reitores reúnense hoxe co Ministerio de Educación, unha semana despois de que Wert os deixase plantados
PSOE e BNG apoian a moratoria de derrubamentos de edificios sen licencia prevista na Lei de Vivenda
A UE critica con dureza as medidas de Rajoy contra a crise; ataca a subida do IRPF, o decreto de pago a proveedores e o contrato de proba con despedimento libre
De Guindos prevé apoio europeo para a banca española "en días ou semanas". "O futuro do euro vaise xogar nas próximas semanas en España e Italia", di o ministro de Economía. En La Información
Google inclúe a zona vella de Santiago e a Muralla de Lugo no seu proxecto 'Marabillas do mundo'
A vicepresidenta do Goberno central, Soraya Sáenz de Santamaría, participará o domingo nas xuntanzas do Club Bilderberg, nos Estados Unidos. Tras o Consello de Ministros de mañá o ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, actuará como voceiro do Executivo. En Público.
Un tribunal federal de EE UU declara inconstitucional a lei que prohíbe o matrimonio homosexual. A Lei de Defensa do Matrimonio, que limita o casamento á unión de home e muller, foi promulgada por Clinton en 1996. A decisión final corresponderá á Corte Suprema.
O alcalde de Ferrol di entender as protestas dos traballadores do naval. José Manuel Rey Varela comprométese a pedir ao Goberno e á SEPI unha solución ante a falta de carga de traballo nos estaleiros da ría ferrolá.