Google inclúe a zona vella de Santiago e a Muralla de Lugo no seu proxecto 'Marabillas do mundo'
Fálase
A vicepresidenta do Goberno central, Soraya Sáenz de Santamaría, participará o domingo nas xuntanzas do Club Bilderberg, nos Estados Unidos. Tras o Consello de Ministros de mañá o ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, actuará como voceiro do Executivo. En Público.
Un tribunal federal de EE UU declara inconstitucional a lei que prohíbe o matrimonio homosexual. A Lei de Defensa do Matrimonio, que limita o casamento á unión de home e muller, foi promulgada por Clinton en 1996. A decisión final corresponderá á Corte Suprema.
O alcalde de Ferrol di entender as protestas dos traballadores do naval. José Manuel Rey Varela comprométese a pedir ao Goberno e á SEPI unha solución ante a falta de carga de traballo nos estaleiros da ría ferrolá.
O FMI non ten pensado ningún tipo de axuda financeira para España nin recibiu solicitude ningunha do Goberno, segundo asegura a institución tras a viaxe a Washington da vicepresidenta, Soraya Sáenz de Santamaría.
Alemaña instalou nos últimos dous anos vinte veces máis placas fotovoltaicas de produción de enerxía eléctrica que España.
Os alumnos e alumnas do Conservatorio de Cangas (e os seus pais e nais) convocan unha concentración este venres diante do Concello, para protestar contra a suba das taxas dun 300% ordenada polo goberno municipal. Será ás nove e media da noite.
O Valedor do Pobo en funcións abre unha queixa de oficio sobre o uso dos computadores do Plan Abalar. "Algúns pais veñen denunciando ante a defensoría notables ausencias de control rexistradas nalgúns centros nos que os rapaces empregan os ordenadores para navegar por redes sociais e acceder a contidos alleos á actividade docente", informa a oficina do alto comisionado.
O Congreso aproba a Lei de Reestruturación Financeira con 178 votos a favor, 28 en contra e 123 abstencións. O PSOE abstívose finalmente
China e Rusia opóñense unha vez máis a unha intervención militar en Siria. Hillary Clinton advirte a Moscú que esa decisión encamiña o país a unha guerra civil.