China e Rusia opóñense unha vez máis a unha intervención militar en Siria. Hillary Clinton advirte a Moscú que esa decisión encamiña o país a unha guerra civil.
Fálase
A policía carga contra os mineiros que protestan fronte ao Ministerio de Industria
#consellodaxunta Feijóo acusa de novo o PSdeG de "coar mentiras", porque "son gratis", e volve rexeitar que a Xunta deixase "facturas no caixón" en 2011. Para responderlle a Pachi Vázquez remítese "ao refraneiro español" para dicirlle que "piensa el ladrón que todos son de su condición".
#consellodaxunta. A Xunta aproba o calendario laboral, "acorde coa situación económica" e "cos principais días festivos asentados na nosa tradición". Mantéñense como festivos o Xoves Santo, o Día das Letras (venres) e o Día Nacional de Galicia. O día de San Xoán (24 de xuño) tamén será festivo, cadra en luns.
#consellodaxunta A Xunta actualiza as tarifas de salvamento marítimo. Se teñen que actuar por razóns de imprudencias ou actividades perigosas o rastrexo non o pagará o Goberno galego, senón que se lle cargará ás aseguradoras correspondentes.
As seleccións de Catalunya poderán competir internacionalmente se non se enfrontan a España, segundo un fallo do Tribunal Constitucional, que desestimou un recurso de inconstitucionalidade interposto hai unha década polo Goberno central a unha norma autonómica.
#consellodaxunta O Goberno galego dálle luz verde ao canon da auga. Feijóo asegura que "non se pagará nada" polos pozos e traídas veciñais.
O déficit exterior España situouse nos 14.850 millóns de euros nos tres primeiros meses do ano, o que supón un descenso do 12% con respecto ao mesmo periodo de 2011.
O BCE asegura que o Goberno español actuou "da peor maneira posible" co rescate de Bankia ao "subestimar" o problema inicialmente. Segundo o seu presidente, Mario Draghi, os erros do Executivo tradúcense nun custo máis alto. "Precísase unha maior centralización da supervisión bancaria", reclama.
O BCE rexeita intervir nos mercados para conter a débeda, tal e como solicitara España. Mario Draghi, no entanto, reclama aos líderes europeos "unha unión bancaria".