"Non creo que o rei lese un libro na súa vida". É unha das afirmacións do coloquio entre Iñaki Anasagasti (PNV) e Joan Tardá (ERC) sobre a Monarquía, celebrado este xoves. En Ara.
Fálase
Obama ordenou incrementar os ciberataques contra Irán para dificultar o seu programa nuclear
A esquerda francesa encabeza con claridade as sondaxes para as eleccións lexislativas, que se celebran este mes. En conxunto obtería un 45-47%, fronte ao 32% da dereita e o 14-16% do Fronte Nacional. Por partidos, o PS sería a forza máis votada con 30-33% dos apoios, unha cifra semellante ao que obtería o UMP. A Front de Gauche roza o 10% e os ecoloxistas o 5%.
Ferrol acolle este sábado a festa anual do PCG. En Caranza haberá exposicións sobre o 40 aniversario do Dez de marzo, concertos e mítins.
Constitúese Acción Universitaria, unha nova organización estudantil na USC, herdeira do grupo RevolucionaUSC. Defínense como "unha alternativa dende a esquerda transformadora no movemento estudantil”
A participación no referendo en Irlanda para aprobar as políticas de austeridade impostas pola UE rexistra a participación máis baixa da historia, ao redor do 50%. Ao longo de hoxe saberanse os resultados, que apuntan a unha vitoria do si
O Goberno español nega as informacións que publica o Wall Street Journal, que di que o FMI estaría xa preparando un rescate para España, coa inxección de 300.000 millóns de euros.
Os reitores reúnense hoxe co Ministerio de Educación, unha semana despois de que Wert os deixase plantados
PSOE e BNG apoian a moratoria de derrubamentos de edificios sen licencia prevista na Lei de Vivenda
A UE critica con dureza as medidas de Rajoy contra a crise; ataca a subida do IRPF, o decreto de pago a proveedores e o contrato de proba con despedimento libre