Xa está dispoñible para descarga o documental Marea Blanca, realizado por Isabel Coixet en homenaxe aos voluntarios do Prestige
Fálase
"Que caia España, que xa a ergueremos nós". A Zona Crítica de ElDiario.es recupera a intervención da voceira de Coalición Canaria no Congreso dos Deputados, Ana Oramas, que revelou as verbas do actual ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, antes da aprobación do primeiro decreto de recortes de Zapatero para "evitar a intervención".
A Supercopa de España de fútbol xogarase na China en 2013, avanza El Mundo.
#CMin O Goberno central prepara un "instrumento" semellante ao FROB para apoiar o financiamento das autonomías. Montoro avanza que os anticipos do Estado lles permitiu ás comunidades ter "déficit cero" ata marzo
Un sector do Goberno de Rajoy -encabezado por Álvaro Nadal, xefe da oficina económica da Moncloa- propón ameazar a Alemaña con marchar do euro, segundo Ignacio Escolar. Estas manobras explicarían o artigo que hoxe publica en El País un grupo de economistas próximos ao PP defendendo a permanencia de España na moeda única
Humble Bundle, o pack de videoxogos independentes que onte comezou a distribuír a súa quinta edición e pola que os usuarios poden pagar o que queiran, recadou 1,6 millóns de dólares en dez horas.
A prima de risco de España está en 542 puntos, despois de marcar esta mañá un novo máximo, con 550 puntos
"Non creo que o rei lese un libro na súa vida". É unha das afirmacións do coloquio entre Iñaki Anasagasti (PNV) e Joan Tardá (ERC) sobre a Monarquía, celebrado este xoves. En Ara.
Obama ordenou incrementar os ciberataques contra Irán para dificultar o seu programa nuclear
A esquerda francesa encabeza con claridade as sondaxes para as eleccións lexislativas, que se celebran este mes. En conxunto obtería un 45-47%, fronte ao 32% da dereita e o 14-16% do Fronte Nacional. Por partidos, o PS sería a forza máis votada con 30-33% dos apoios, unha cifra semellante ao que obtería o UMP. A Front de Gauche roza o 10% e os ecoloxistas o 5%.