O Códice Calixtino vén de ser atopado nun garaxe do Milladoiro, preto de Santiago, segundo vén de adiantar a Radio Galega.
Fálase
Eldiario.es amosa o auto da Audiencia Nacional sobre o caso Bankia, que inclúe a imputación a Rato e Acebes, e convida a comentalo no seu blog Zona Crítica. #AutoBankia
O Parlamento Europeo rexeita o ACTA por unha amplísima maioría: 478 votos contra 39. O Acordo Comercial Antifalsificación, que de entrar en vigor podería poñer en risco a privacidade dos usuarios de Internet, fora aprobado individualmente por 22 dos 27 países da UE, pero o rexeitamento da cámara de representantes déixao sen posibilidades de ser aplicado na Unión. Máis información, nun anaco en Praza.
O PP dedícalle á oposición parlamentaria unha páxina do seu último boletín mensual. Acusa ao BNG de ser "máis radical ca nunca" e diagnostica unha "guerra civil" no seo do PSdeG.
A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, será unha das observadoras do Parlamento Europeo nas eleccións de Timor Leste, o vindeiro día 7.
Rafa Merino recompila no seu blog a xestación do bulo da inexistente doazón da prima do futbolista Andrés Iniesta por gañar a Eurocopa, xurdido en Twitter.
O xuíz cita a declarar, entre outros, a Rato, Olivas (ex presidente de Bancaja) e Acebes como imputados polo caso Bankia, admitindo a trámite a querela presentada pola Fiscalía Anticorrupción e UPyD contra 33 ex membros do Consello de Administración do banco
O xornal La Información peneira un discurso do Nobel de Economía Paul Krugman á procura das súas mensaxes menos apocalípticas.
O Parlamento catalán aborda o terceiro gran recorte do Goberno de Artur Mas. Vilaweb recompila todas as retalladas do gabinete de CiU.
Tan só 5.186 persoas en España recoñeceron gañar máis de 600.000 euros ao ano na súa declaración da renda de 2010. En Francia ou Italia ao redor de medio millón de persoas declaran ingresar máis desa cantidade, e en Alemaña fano 2.5 millóns de persoas.