Samuel Juárez deixa a Delegación do Goberno en Galicia para ocupar un posto na embaixada de España en China
Fálase
No último ano Galicia perdeu cada mes 1.158 mozos e mozas de entre 16 e 29 anos, que marcharon vivir a outros territorios. En total, os datos da EPA revelan unha emigración de 13.900 persoas novas, que se eleva até as 25.500 se sumamos as que teñen entre 30 e 35 anos.
A Xunta concedeulle unha subvención a Gerardo Crespo despois de detectar irregularidades nos cursos. O Goberno galego outorgoulle 100.000 euros en 2013 a pesar de que Feijóo asegura que decidiu "cortar todo tipo de contrato" co imputado cando Traballo percibiu anomalías en 2012.
Este venres e sábado celébranse en Compostela a II Xornada sobre Movementos Sociais, centrada na "defensa dos nosos dereitos dende a participación política". Podes consultar aquí o programa e nesta ligazón ver integramente a mesa inaugural, na que participaron Miren Etxezarreta, doutora en economía e economista crítica, e José Ángel Brandariz, profesor de dereito da UdC.
As Marchas da Dignidade maniféstanse xa por Oviedo contra a monarquía e a corrupción co gallo da entrega dos Premios Príncipe de Asturias. Fotografía de @Global_March.
Facenda confirma que o PP pagou 750.000 euros en negro só polo baixo de Génova. A Axencia Tributaria tamén detecta "irregularidades" nas facturas da reforma doutros andares.
O Goberno dá o primeiro paso para impugnar a consulta alternativa do 9-N. Encarga informes para recorrela ao Constitucional. Os partidos favorables ao referendo achegan posturas para converter a xornada nunha gran mobilización.
A policía rexistra o autobús das Marchas da Dignidade galegas que se dirixe a Asturias para participar na manifestación co gallo da entrega dos premios Príncipe de Asturias, segundo denuncian varios dos seus integrantes. Foto de @Acesquerdas.
A galega Verónica Boquete, nominada ao Balón de Ouro como mellor futbolista do mundo. Opta ao galardón xunta a outras nove xogadoras.
Organizacións ecoloxistas piden que a Lei de Residuos de Aparatos Eléctricos e Electrónicos, que nestes momentos se debate en España, persiga a obsolescencia programada, dun xeito semellante a como o fai a nova lexislación aprobada en Francia.