A Xunta non modificará as condicións de acceso do inmigrates sen papeis á sanidade, cuns requisitos que -denuncian as ONG- son disuasorios. A Rede Galega contra a Trata alerta sobre a precaria situación sanitaria de moitas prostitutas, ás que en moitos casos lles foron retidos os seus pasaportes, e que reciben grandes facturas dos centros médicos.
Fálase
O tenente de alcalde da Coruña e número dous de Carlos Negreira, Julio Flores, non irá nas listas do PP para estas eleccións municipais. Flores está imputado na investigación Pokémon no caso dos enchufes masivos realizados dende o Concello.
O Celta derrotou o Rayo Vallecano por 6-1 nun impresionante partido, como había tempo que non lembraba Balaídos. Santi Mina, de tan só 19 anos, marcou catro goles, converténdose no xogador máis novo en facelo dende 1934.
O Lugo caeu na súa visita a Sabadell (2-1) e segue na zona media da táboa. Na Segunda B, o Compostela derrotou o Tropezón (4-2) e mantén as súas opcións de entrar no play-off de ascenso.
Rajoy fai un chamamento á recuperación do voto perdido polo PP, e afirma que España non está para "amateurismos" senón para políticos "con experiencia", en referencia directa a Podemos e Ciudadanos.
Milleiros de hologramas protestan contra a "represiva" Lei Mordaza. A iniciativa partiu da plataforma No somos delito, que recolleu a través da web www.hologramasporlalibertad.org as imaxes escaneadas de miles de persoas que se sumaron a este acto de protesta.
Os colexios profesionais de Ciencias, integrados polo de Xeólogos, o de Físicos, o de Biólogos e o de Químicos, denuncian o Goberno central polo seu decreto de homologación de títulos, que consideran "discriminatorio". Sinalan que o decreto deixa as titulacións científicas "completamente desprotexidas"
Confemadera, a patronal das empresas madeireiras galegas, rompeu as negociacións que mantiña coa Xunta, acusando o Goberno de "desatención reiterada, pasividade e falta de solucións" para impulsar e modernizar o sector. Ence desmarcouse, avogando por manter o diálogo aberto.
O PSdeG-PSOE denuncia máis pagamentos ilegais ao alcalde de Cualedro e deputado Luciano Rivero, a cargo da Deputación de Ourense e o Concello, a cambio de gasolina para vehículos destas administracións. En total, máis de 200 mil euros en varios anos.
El Diario publica un diálogo entre o filósofo Alain Badiou e Stathis Kouvelakis, de Syriza, moderado pola xornalista Aude Lancelin, no que analizan que "para derrotar o neoliberalismo, unha nuova alianza entre gobernos e movementos de base é necesaria"