Polo PSOE, Rafael Simancas, que pide coñecer "en que condicións de seguridade está o sistema ferroviario". Defende a seguridade dos trens híbridos e a "eficacia" tanto do sistema ERTMS coma do ASFA.
Fálase
Gaspar Llamazares (IU) lamenta que as intervencións dos responsables de Renfe e Adif foran moi "casuísticas" pero moi pouco "causais". E denuncia que "se o factor humano é o determinante nun accidente de Alta Velocidade, ou velocidade alta, non temos nada que facer".
A taxa de paro de Grecia marca un novo récord en maio e chega ao 27,6%. En 2010, cando o país foi rescatado pola troika, o índice do desemprego era do 12%. Entre os menores de 25 anos o desemprego afecta ao 65%.
Por que sabendo que non estaba o ERTMS na zona non se puxeron as balizas que permitisen operar o sistema ASDA dixital? pregunta De las Heras, deputada pola Esquerda Plural. "Quedan moitas responsabilidades técnicas e políticas que dirimir" e pide "que non se busquen saídas "pola porta de atrás". Acusa ao ministro José Blanco, a Nuñez Feijóo e aos presidentes de Adif e Renfe de "afanarse en decir que era 'Alta Velocidade' cando en tal caso sería 'velocidade alta'".
O deputado de UPyD, Martínez Gorriarán afirma no Congreso que "hai responsabilidades políticas moi serias" na traxedia de Santiago. Ademais asegura que por conveniencias do Goberno, tanto deste como do anterior, "vendeuse fume" coa Alta Velocidade.
Rosana Pérez fala de "fallo técnico" e pregúntase si a operatividade do ERTMS é unha das causas da traxedia. Acaba a súa intervención mencionando os recortes: "Creen que os recortes presupuestarios, os ERES e as penalizacións salariais no caso de retrasos influen nos accidentes?"
Rosana Pérez, do BNG, lamenta no Congreso"a présa en sinalar unha causa única e un único culpábel". Ademais afirma que no tramo Ourense- Santiago o sistema ERTMS funciona nos trens Avant, pero non nos Alvia e asegura que "houbo moitas présas para inaugurar ese tramo"
Iker Armentia responde ao verso de Bob Dylan empregado por Olli Rehn na súa proposta de redución de salarios: “Something is happening here. But you don't know what it is” con outras catro citas do músico de Minnesota.
O presidente de Renfe, Julio Gómez-Pomar, confirma os datos xa coñecidos sobre as circunstancias do accidente: o exceso de velocidade revelado pola caixa negra e a chamada de teléfono recibida polo condutor. Explica que o tren sinistrado chegara ás súas estacións de destino con algúns minutos de atraso. BNG e Esquerda plural esixirán a creación dunha comisión de investigación parlamentaria sobre o accidente
O presidente de Adif, Gonzalo Ferre, destaca na súa comparecencia no Congreso para explicar as causas do accidente de Angrois que “ninguna institución alegou contra o treito onde o tren descarrilou” e engade que "se recibiron 300 alegacións pero ningunha facía referencia a esa curva". Toda a información, nuns minutos en Praza.