O deputado de UPyD, Martínez Gorriarán afirma no Congreso que "hai responsabilidades políticas moi serias" na traxedia de Santiago. Ademais asegura que por conveniencias do Goberno, tanto deste como do anterior, "vendeuse fume" coa Alta Velocidade.
Fálase
Rosana Pérez fala de "fallo técnico" e pregúntase si a operatividade do ERTMS é unha das causas da traxedia. Acaba a súa intervención mencionando os recortes: "Creen que os recortes presupuestarios, os ERES e as penalizacións salariais no caso de retrasos influen nos accidentes?"
Rosana Pérez, do BNG, lamenta no Congreso"a présa en sinalar unha causa única e un único culpábel". Ademais afirma que no tramo Ourense- Santiago o sistema ERTMS funciona nos trens Avant, pero non nos Alvia e asegura que "houbo moitas présas para inaugurar ese tramo"
Iker Armentia responde ao verso de Bob Dylan empregado por Olli Rehn na súa proposta de redución de salarios: “Something is happening here. But you don't know what it is” con outras catro citas do músico de Minnesota.
O presidente de Renfe, Julio Gómez-Pomar, confirma os datos xa coñecidos sobre as circunstancias do accidente: o exceso de velocidade revelado pola caixa negra e a chamada de teléfono recibida polo condutor. Explica que o tren sinistrado chegara ás súas estacións de destino con algúns minutos de atraso. BNG e Esquerda plural esixirán a creación dunha comisión de investigación parlamentaria sobre o accidente
O presidente de Adif, Gonzalo Ferre, destaca na súa comparecencia no Congreso para explicar as causas do accidente de Angrois que “ninguna institución alegou contra o treito onde o tren descarrilou” e engade que "se recibiron 300 alegacións pero ningunha facía referencia a esa curva". Toda a información, nuns minutos en Praza.
O campo magnético do Sol cambiará completamente de polaridade en "tres ou catro meses", un proceso que se produce cada once anos.
Varios medios publican os soldos de Christine Lagarde (30 mil euros mensuais) e Oli Rhen (24 mil euros mensuais), que nos últimos días propuxeron que en España se levase a cabo unha rebaixa xeneralizada dos salarios.
El Corte Inglés aínda non pagou as axudas que lles prometeu ás vítimas da catástrofe de Bangladesh, na que morreron máis de 1.100 persoas que traballaban producindo prendas para numerosas marcas.
Os presidentes de Renfe e Adif comparecen nuns minutos no Congreso para explicar as "posibles causas" do accidente do tren