Unha enquisa avanza un desastre electoral para o PSOE en Andalucía. El País publica unha estimación do resultado elaborada por Metroscopia na que o PP de Javier Arenas é o claro vencedor.

Unha enquisa avanza un desastre electoral para o PSOE en Andalucía. El País publica unha estimación do resultado elaborada por Metroscopia na que o PP de Javier Arenas é o claro vencedor.
Mariano Rajoy: "Non son partidario do copagamento na sanidade". O presidente do Executivo pronunciouse finalmente sobre este asunto despois de que a Generalitat aprobara a súa posta en marcha mediante o pago dun euro por prescrición.
O xogador do Bolton inglés Fabrice Muamba sufriu esta tarde un esvaecemento no medio dun partido contra o Tottenham. O deportista, de 23 anos, está hospitalizado e a súa situación é "estable" segundo a Sky News. Na imaxe, do The Guardian, vése ao xogador Sanli Tuncay rezando por el. Enlace
O Partido Nacionalista Galego marcha do BNG. Así o acordou a formación nun congreso extraordinario celebrado en Vigo. Nuns minutos ampliamos a información
O Deportivo afástase do Celta na clasificación da Segunda División de fútbol. Os coruñeses venceron 3-0 en Riazor fronte ao Alcoyano e o Celta de Vigo non puido vencer ao Las Palmas a domicilio. O Dépor ten 63 puntos, cinco máis que os de Vigo.
Vince Gerrans, gañador da Milán San-Remo. Fabian Cancellara foi segundo e o italiano Vincenzo Nibali terceiro. Última hora no diario Repubblica italiano
O Deportivo vai gañando 2-0 en Riazor ao Alcoyano. Marcaron Guardado e Juan Domínguez. O equipo coruñés segue liderando a táboa da Segunda División. O Celta de Vigo, segundo clasificado, xoga a partir das 18:00 horas co Las Palmas.
Mariano Rajoy anuncia máis reformas. O presidente do Goberno e líder do PP declarou este mediodía que todos os que non aceptan os seus plans en materia económica están "instalados no inmobilismo". Asegura que está a sementar para saír da crise. "Quen non sementa non recolle nada". Información na Cadena Ser
Finou aos 91 o exdirixente nazi John Demjanjuk. Foi acusado de ser o guardián responsable do campo de exterminio Sobibor, na Polonia ocupada, no que morreron 28.000 persoas. Morreu nun asilo. A imaxe, de The Guardian
A Nasa tamén celebra o día de San Patricio. Á súa maneira, claro