O Partido Nacionalista Galego marcha do BNG. Así o acordou a formación nun congreso extraordinario celebrado en Vigo. Nuns minutos ampliamos a información
Fálase
O Deportivo afástase do Celta na clasificación da Segunda División de fútbol. Os coruñeses venceron 3-0 en Riazor fronte ao Alcoyano e o Celta de Vigo non puido vencer ao Las Palmas a domicilio. O Dépor ten 63 puntos, cinco máis que os de Vigo.
Vince Gerrans, gañador da Milán San-Remo. Fabian Cancellara foi segundo e o italiano Vincenzo Nibali terceiro. Última hora no diario Repubblica italiano
O Deportivo vai gañando 2-0 en Riazor ao Alcoyano. Marcaron Guardado e Juan Domínguez. O equipo coruñés segue liderando a táboa da Segunda División. O Celta de Vigo, segundo clasificado, xoga a partir das 18:00 horas co Las Palmas.
Mariano Rajoy anuncia máis reformas. O presidente do Goberno e líder do PP declarou este mediodía que todos os que non aceptan os seus plans en materia económica están "instalados no inmobilismo". Asegura que está a sementar para saír da crise. "Quen non sementa non recolle nada". Información na Cadena Ser
Finou aos 91 o exdirixente nazi John Demjanjuk. Foi acusado de ser o guardián responsable do campo de exterminio Sobibor, na Polonia ocupada, no que morreron 28.000 persoas. Morreu nun asilo. A imaxe, de The Guardian
A Nasa tamén celebra o día de San Patricio. Á súa maneira, claro
Unha potente explosión no centro de Damasco provoca unha trintena de mortos. Segundo as primeiras informacións foron dous os coches que salataron polo aire á vez, fronte ao cuartel da policía. En Reuters hai información dos seus correspondentes na zona. A imaxe é da AFP
A CIG pendurou un vídeo na web do encontro do seu secretario xeral, Suso Seixo, e un representante do ELA cos grupos políticos con representación no Parlamento español. A intención de ambas as dúas centrais era a de trasladarlles a oposición á nova reforma laboral. Nesta reunión estiveron presentes todos os grupos con representación no Congreso a excepción de PP, PNV e UPyD, que non acudiron ao encontro.
A primeira páxina do diario ABC é unha das protagonistas das redes sociais este sábado. Bótalle un ollo.