A primeira páxina do diario ABC é unha das protagonistas das redes sociais este sábado. Bótalle un ollo.

A primeira páxina do diario ABC é unha das protagonistas das redes sociais este sábado. Bótalle un ollo.
O Boletín Oficial del Estado (BOE) publica hoxe a lei de reforma do emprego público de Galicia aprobada no Parlamento galego por trámite urxente. Podes consultar a publicación neste enlace
Os concellos de Vilanova e a Illa de Arousa aínda están a pagar o préstamo que solicitaron para separarse. Foi en 2002 cando tiveron que botar man dun crédito para sufragar a operación de segregación. É unha información de El País Galicia
O fundador de WikiLeaks, Julian Assange, quere ser senador en Australia. Así o anunciou a web na súa conta de Twitter. A candidatura será presentada "proximamente"
O actor George Clooney, detido. A Policía apreixouno por estar a participar nunha manifestación diante da embaixada de Sudán en Washington. Na Cadena SER.
Os concellos presentaron ao Ministerio de Hacienda 1.931.976 facturas pendentes de pagamento por importe de 9.584 millóns de euros, vén de informar a vicepresidenta do Goberno, Soraya Sáenz de Santamaría. Son datos provisionais, e os provedores cifran en máis de 17.000 os millóns que teñen aínda por cobrar. #CMin
#consellodaxunta Feijóo di que "non vou poñer ningunha taxa nas receitas en Galicia", pero deixa a porta aberta ás decisións que se poidan tomar no Consello Interterritorial de Saúde.
#consellodaxunta. Feijóo di que rexeitou a proposta de subirlles os impostos ás rendas altas porque o Goberno central xa subiu o IRPF
A asociación de consumidores Facua elixe o anuncio no que a compañía Movistar simulaba unha asemblea do 15M como "o peor anuncio do ano". En Facua.
O prezo do solo urbano caeu en Galicia un 6,2% no último ano, segundo os datos publicados polo Ministerio de Fomento. Pontevedra foi, con diferenza, a provincia na que máis se devaluou o prezo do solo cunha caída interanual do 25%. No conxunto do Estado a depreciación foi do 20%