O actor George Clooney, detido. A Policía apreixouno por estar a participar nunha manifestación diante da embaixada de Sudán en Washington. Na Cadena SER.

O actor George Clooney, detido. A Policía apreixouno por estar a participar nunha manifestación diante da embaixada de Sudán en Washington. Na Cadena SER.
Os concellos presentaron ao Ministerio de Hacienda 1.931.976 facturas pendentes de pagamento por importe de 9.584 millóns de euros, vén de informar a vicepresidenta do Goberno, Soraya Sáenz de Santamaría. Son datos provisionais, e os provedores cifran en máis de 17.000 os millóns que teñen aínda por cobrar. #CMin
#consellodaxunta Feijóo di que "non vou poñer ningunha taxa nas receitas en Galicia", pero deixa a porta aberta ás decisións que se poidan tomar no Consello Interterritorial de Saúde.
#consellodaxunta. Feijóo di que rexeitou a proposta de subirlles os impostos ás rendas altas porque o Goberno central xa subiu o IRPF
A asociación de consumidores Facua elixe o anuncio no que a compañía Movistar simulaba unha asemblea do 15M como "o peor anuncio do ano". En Facua.
O prezo do solo urbano caeu en Galicia un 6,2% no último ano, segundo os datos publicados polo Ministerio de Fomento. Pontevedra foi, con diferenza, a provincia na que máis se devaluou o prezo do solo cunha caída interanual do 25%. No conxunto do Estado a depreciación foi do 20%
#consellodaxunta Feijóo confirma a declaración da Festa da Reconquista de Vigo como Festa de Interese Turístico galego.
#consellodaxunta Feijóo di que a Agadic celebrará 648 concertos ata xuño. Achega algúns datos dun informe sobre a actividade da Axencia Galega das Industrias Culturais que vén de examinar o Consello.
#consellodaxunta A Xunta aproba o decreto para "profesionalizar" o labor dos socorristas en praias, piscinas e ámbitos semellantes. Para exercer o socorrismo será obrigatorio estar inscrito nun rexistro da Academia Galega de Seguridade Pública e ter unha habilitación profesional.
#consellodaxunta A Xunta proporá "laudos arbitrais" entre as persoas afectadas polas participacións preferentes e as entidades financeiras. Farao a través do Instituto Galego de Consumo. Precisa autorización da Comisión Europea, sinala Feijóo.