Tractores atópanse xa ás portas de San Caetano. Os gandeiros decidiron reforzar o cerco ao edificio administrativo da Xunta e ao DIA.
Fálase
Os gandeiros diríxense xa cara á Xunta para reforzar o cerco a San Caetano. Decidírono na asemblea desta tarde.
A asemblea de gandeiros en Santiago comeza cunha queima de produtos lácteos franceses e alemáns. Imaxe de Unións Agrarias.
Este serán ás 8 celébranse concentracións contra a violencia machista nas sete cidades galegas. Estes son os lugares da convocatoria.
Os gandeiros reparten leite de balde ante o Carrefour de Santiago para protestar polos baixos prezos. Toda a información, hoxe en Praza.
A tractorada bloquea os accesos ao aparcadorio do Carrefour de Santiago entre aplausos da veciñanza.
eldiario.es continúa a recoller testemuños de persoas refuxiadas en Hungría. "A nosa barca envorcou e estivemos 10 horas na auga". Un traballo da xornalista Olga Rodríguez.
A xuíza pídelle á Xunta un listado de todas as empresas que impartiron cursos de formación a ocupados en 2010. A reclamación prodúcese no marco da investigación dunha presunta fraude en Lalín. Recólleo Faro de Vigo
Os gandeiros comezan a mañá con cortes en arterias de comunicación de Compostela como a avenida de Lugo e o túnel do Hórreo. Hoxe as mobilizacións concéntranse en torno a áreas comerciais. O Concello apela á "paciencia" e "solidariedade" da veciñanza. A información, hoxe en Praza.
- A asemblea de gandeiros decide manter os tractores bloqueando varias rúas da cidade, como Romero Donallo e a avenida de Lugo, para esixir prezos xustos